CRTVG

Buscar

Estache bo!

Arroz con remolacha, tirabeques e cogomelos

17/11/2020 19:55 h

Ingredientes:

Tirabeuqes. cogomelos, 2 dentes de allo, aove, media ducia de castañas asadas, 2 remolachas cocidas, 1 litro de caldo de polo, 200 grs. de arroz para risoto, 1 vaso de viño branco, 1 cebol avermella, 50 grs. de manteiga e sal e pementa

Elaboración:

Cocemos en auga salgada cunha pingas de limón a remolacha, pelámola e reservamos. Nunha tarteira cun pouco de manteiga e un chisco de aceite de oliva rustrimos a cebola e o allo, deseguido engadimos o chourizo esmiuzado. Incorporamos o arroz e remexemos un par de minutos. Engadimos os feixóns verdes, a remolacha e os cogomelos. Cubrimos con caldo de carne que iremos incorporando segundo nos pida o arroz. Asamos unhas castañas e triturámolas. Empratamos e listo para comer…!!!

Hoxe, Rafa Durán visitará en Rairiz de Veiga, Ourense, a Manuel García, propietario e agricultor de Daiquí, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a remolacha.

Atopar capítulo por: