CRTVG

Buscar

Estache bo!

Estufado de galo de curral

23/10/2020 20:00 h

Ingredientes:

1/2 galo de curral, 1 pemento vermello, 1 cebola vermella, 1 dente de allo, 1 cenoria, 2 patacas, 1 vaso de viño branco, 1 l. de caldo de verduras, 3 culleradas de tomate concentrado, ourego e tomiño fresco, 1/2 culleriña de comiño, 1/2 culleriña de pemento doce/picante, aove, sal e pementa.

Elaboración:

Marcamos ben o galo nunha tixola con aceite de oliva virxe extra. Reservamos e rustrimos as verduras. Incorporamos as especias, o viño, o caldo, o concentrado de tomate e o galo. Metemos no forno unha hora e media aproximadamente a uns 180 graos. Friximos lixeiramente as patacas en rodas dun centímetro que engadiremos á tarteira unha media hora antes de que o galo estea feito. Retiramos o galo e as patacas da tarteira, pasamos as verduras polo pasador de puré, empratamos coas patacas e listo para comer…!!! Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Evaristo Rodriguez, o presidente de Crugalo que nos ensinará a empresa no concello de Merza e nos dará unha proba do produto de hoxe: o galo.

Atopar capítulo por: