CRTVG

Buscar

Estache bo!

Doce de amorodos e pexegos

16/10/2020 20:00 h

Ingredientes:

500g. de amorodos, 500g. pexegos, 12 galletas,  ½ tableta de chocolate, 70% reladura dun limón, zume de ½ limón, 3 culleradas de azucre branco, follas de menta fresca. Para a masa: 300 gr. fariña de trigo,  125 gr. manteiga salgada ,2 claras de ovo, 1 presa de sementes de sésamo negro,  1 xema de ovo para pintar cando se peche

Elaboraci´n:

Elaboramos a masa coa fariña, a manteiga, as claras de ovo e parte das sementes. Nun cunco, mesturamos os amorodos e os pexegos co azucre branco e o zume de limón. Estendemos a masa e pasámola a un molde redondo. Asentamos as galletas machucadas no fondo e engadimos a froita xunto co chocolate. Pintamos a masa coa xema de ovo e incorporamos o resto das sementes. Enfornamos uns 30 minutos a 190º , empratamos e listo para comer…!!!

Hoxe o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visita Arteixo, concretamente a Gustavo Souto en Horta Millarada, un agricultor que nos vai proporcionar o noso produto estrela de hoxe, os amorodos.

Atopar capítulo por: