CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pementos de Oímbra recheos de tortilla de bacallau

15/10/2020 20:00 h

Ingredientes:

4 pementos de Oímbra, 1 allo porro, ½ cebola, 1 dente de allo,  6 ovos, 2 patacas, 200 gr de migas de bacallau, sal, pementa e pan. Para a enlasala de acompañamento: 1 leituga, 1 tomate, 1 cebola, 8 noces, 1 cenoria, AVOE Vinagre Sal Pementa.

Elaboración:

Rustrimos a pataca, a cebola, o allo porro e o allo. Cando estean brandiños escoamos o aceite e mesturamos cos ovos. Cortámoslle o pedúnculo aos pementos, enchemos e selamos. Pintamos os pementos con aceite de oliva, salpementámolos e enfornamos ata que tomen cor. Preparamos a ensalada, facemos a emulsión do aceite con vinagre, empratamos e listo para comer…!!!

Hoxe o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán, visita Terra de Baronceli, da man de Juán Antonio Estévez, un agricultor de Verín que nos vai proporcionar o produto estrela da receita de hoxe, pementos de Oímbra.

Atopar capítulo por: