CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tallaríns con salsa de vieiras

15/09/2020 11:00 h

Ingredientes:

300 grs. de pasta tagliatelle, 1 cebola, 2 dentes de allo, 1 culler de ourego, 1/2 l. de caldo de peixe, 3 vieiras, aceite de oliva, 1 vaso de viño branco, 1 chile, pementa e sal.

Elaboración:

Cocemos a pasta en caldo de peixe 7 minutos. Rustrimos a cebola, o allo, o chile e o ourego. Engadimos o unto e deixamos reducir e deseguido o caldo onde cocemos a pasta e as algas. Machucamos o coral da vieira con sal. Engadimos ao rustrido e facemos a salsa. Marcamos as viandas, empratamos coa pasta e a salsa. Empratamos e listo para comer!

Atopar capítulo por: