CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pastel de carne con costra de iogur

14/09/2020 11:00 h

Ingredientes:

1/2 quilo de carne picada de tenreira, 1 cebola, 1 dente de allo, 1 ramiña de apio, 6 champiñóns, 1/2 litro de caldo de carne, 2 culleradas de tomate relado ou frito, 2 culleriñas de cúrcuma. Para a costra: 300 ml de iogur, 2 ovos grandes, 1 culleriña de fariña, 2 culleradas de queixo relado, sal e pementa.

Elaboración:

Rustrimos nunha tarteira a cebola, o allo e o apio. Engadimos a carne. Deseguido a cúrcuma, o tomate frito, o caldo e os champiñóns. Salpementamos e deixamos cocer sete minutos. Batemos os ovos e o iogur, engadimos a fariña co queixo e salpementamos. Cubrimos a carne e enfornamos 30 minutos a 180 graos. Empratamos a listo para comer!

Atopar capítulo por: