CRTVG

Buscar

Estache bo!

"Pancakes" de froita e mel

11/09/2020 11:00 h

Ingredientes:

Para as tortiñas: 250 grs. de fariña, 3 culleradas de lévedo, 50 grs. de azúcre, 1 ovo, 1 iogur, 80 grs. de manteiga, 300 ml de leite. 6 fresas, 1 plátano, 12 arándanos, 1 kiwi, 1 cunca mel, zume de 1 limón e 2 culleradas de azúcre.

Elaboración:

Facemos a masa mesturando a fariña co lévedo. Nun cunco mesturamos o iogur, o ovo, o leite, o azucre e a manteiga. Incorporamos aos poucos a fariña e remexemos ben. Cun caciño facemos as tortiñas nunha tixola engraxada. Montamos as tortiñas coa froita e coa mel. Empratamos e listo para comer!

Atopar capítulo por: