CRTVG

Buscar

Estache bo!

Croquetas de arroz

30/06/2020 11:00 h

Ingredientes; 150 gramos de arroz, 150 gramos de mozarella, 1 dente de allo, 300 gramos de carne de pavo, 300 ml. de caldo de plo, 1/2 cunca de tomate fritido, fariña, ovo e pan relado, 1/2 aguacate, 1 tomate, olivas negras, aceite de oliva, vinagre, perexil, pementa e sal.

Elaboración:

Nun cazo aromatizamos dúas culleradas de aceite con allo. Retirámolo e engadimos o arroz. Remexemos e cocemos a lume medio baixo 15 minutos no caldo de polo. Nunha tixola douramos a carne sazonada. Mesturamos en quente o arroz cocido e o queixo e formamos as boliñas de carne. Pasámolas polo pan relado, o ovo e de novo polo pan relado e friximos. Facemos a ensalada de tomate, aguacate e olivas. Aliñamos, empratamos e listo para comer!

Atopar capítulo por: