Estache bo!
Ovos en salsa
22/05/2020 11:00 h
Ingredientes:
6 ovos, 200 gramos de champiñóns, 1 cebola, 1 cenoria, 75 gramos de xamón, 50 gramos de manteiga, 1/2vaso de caldo de carne, tomate relado e concentrado, 1 cullerada de viño doce, 1 cullerada de azúcar moreno, 1 cullerada de fariña, 2 chiles, manteiga, pementa e sal.
Elaboración:
Facemos a masa das torradas mesturando e amasando todos os ingredientes e enfornamos 20 minutos a 200 graos. Nun cazo cocemos os ovos. Nunha tixola rustrimos a cebola, a cenoria e o xamón moi picadiños xunto co tomate. Engadimos o azucre, viño e salpementamos. Incorporamos dúas cuncas de caldo e deixamos cocer 20 minutos. Montamos as torradas con champiñóns, os ovos e a salsa. E listo para comer!