CRTVG

Buscar

Estache bo!

Garavanzos con choquiños e ameixas á tixola

26/03/2020 11:30 h

Ingredientes:

200 gramos de garavanzos cocidos, 1/2 quilo de luriñas, 1/2 quilo de ameixas, 4 dentes de allo, 1/2 vaso de albariño, aceite de oliva, 1 chile e 2 culleradas de perixel picado

Elaboración:

Nunha tixola poñemos 4 culleradas de aceite de oliva e cando estea ben quente, engadimos as luras en anacos, os allos en liscos, o chile e salteamos 2 minutos. Metemos o viño e as ameixas e tapamos ata que abran, engadimos os garavanzos, mesturamos e deixamos cocer 2 minutos, poñémolo pirixel picado, volvemos a remexer e ...listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: