CRTVG

Buscar

Estache bo!

Costeletas de porco recheas ao forno

19/02/2020 11:30 h

Ingredientes:

4 costeletas de porco, 100 gramos de touciño entrefebrado, 1 pemento vermello asado, 2 liscos de queixo curado, 2 patacas, 1 cebola, 1 dente de allo, nata, aceite de oliva, pementa e sal.

Elaboración:

Enchemos as costeletas cos pementos, os liscos de queixo e o touciño frito. Marcámolas nunha grella e forneamos. Para a salas poñemos na mesma tixola a cebola, o allo, a nata e a pementa. Deixamos cocer uns 10 minutiños. Fritimos as patacas en abundante aceite. Empratamos... e listo para comer.

Atopar capítulo por: