CRTVG

Buscar

Estache bo!

Boi de mar ao forno

18/02/2020 11:30 h

Ingredientes:

1 boi de mar cocido, 1 ceboliña, 1 dente de allo, 1/2 vaso de albariño, 2 culleradas de pan relado, 1 culleriña de manteiga, 1 tomate maduro, sal e pementa, aceite de oliva. Para as galletiñas salgadas: 250 gramos de fariña, 25 cl de aceite, 100 cl de auga tibia, 1/4 quilo de azucre, 50 gramos de levadura e sal.

Elaboración:

Cocemos o Boi e baleirámolo. Reservamos. Nunha tixola rustrimos a cebola e o allo, salpementamos e engadimos o tomate relado e o viño branco e cocemos 5 minutos. Metemos o boi desmigado, mesturamos ben e cocemos 2 minutos máis. Incorporamos este rustrido na cuncha do boi, cubrimos con pan relado e uns liscos de manteiga. Gratinamos e listo para comer.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: