CRTVG

Buscar

Estache bo!

Arroz á banda

14/02/2020 11:30 h

Ingredientes:

200 gramos de arroz, 100 gramos de peixe sapo, 100 gramos de gamba, 100 gramos de xiba limpa e picada, 200 gramos de tomate, aceite de oliva virxe extra, azafrán (para o caldo de peixe), 3 dentes de allo, 12 ameixas, 1 litro de caldo, perexil e sal.

Elaboración:

Nun cazo poñemos o fondo de aceite e dous dentes de allo, sofritimos lixeiramente, os retiramos e reservamos. Engadimos unha culleriña de polpa de ñora e de seguido os tomates que cocemos 25 minutos. Poñemos pirixel un chisco de aove e salgamos. Nunha paella ou tixola poñemos un par de culleradas de aove, sofritImos o dente de allo moi picadiño, o peixe sapo, as gambas a xiba en tiras, despois de darlle dúas voltas engadimos o arroz e remexemos co resto dos ingredientes. Engadimos o caldo de peixe e cocemos a lume forte 10 minutos e os últimos 10’ a lume baixo. Poñemos as ameixas abertas o vapor e sen cuncha...e listo para comer…!!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: