CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pizza 'calzone' de queixo, ovo e carne picada

16/01/2020 11:30 h

Ingredientes:

250 gramos de carne de porco picada, 1 cebola, 1 dente de allo, 4 tomates maduros, 3 ovos, alfábega, 150 gramos de queixo para fundir. Para a masa: 300 gramos de fariña de trigo, 15 gramos de lévedo prensado, 150 ml de auga morna, 2 culleradas de aceite de oliva e sal

Elaboración:

Mesturamos a fariña. O lévedo, a auga, o aceite e o sal e amasamos, unha vez teñámos a masa, deixamos repousar 30 minutos nunha tixola rustrimos ben a cebola, o allo e a carne picada, engadimos os tomates relados e cocemos uns 10 minutos. Dividimos a amasa en dous dándolle unha forma redondeada. Sobre unha das masas poñemos a carne picada co tomate, enriba o queixo relado e os ovos salpementados, engadimos alfábega e tapamos ca outra Porción de masa. Pechamos todo o redor e forneamos 10 minutos a uns 220 graos. Empratamos, e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: