CRTVG

Buscar

Estache bo!

Coca de xoubas

14/01/2020 11:30 h

Ingredientes:

250 gramos de xoubas, 2 cebolas, 1/2 pemento vermello, 2 tomates moi maduros, 1 dente de allo, sal, aceite de oliva, ourego. Para a masa: 300 gramos de fariña, 200 ml de auga morna, 20 gramos de lévedo, 1 culler de aceite de oliva e sal

Elaboración:

Limpamos moi ben as xoubas deixando só os lombos, salgamos e reservamos. Poñemos unha tixola a lume con aceite de oliva e pochamos durante sete minutos tanto a cebola coma os pemento. Engadimos o tomate relado e deixamos ferver durante 10 minutos máis. Nun cazo mesturamos a fariña, a aceite e a sal. Seguidamente engadimos o lévedo mesturado na auga morna e amasamos. Deixamos repousar a masa durante 30 minutos aproximadamente. Cun rolo formamos a coca, poñémola sobre a bandexa do forno e engadimos o pochado das verduras, repartimos as xoubas e o allo con ourego moi picado. Co forno previamente prendidiño a 200 graos asentamos a bandexa e en 20 minutos aproximadamente temos todo listo para comer.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: