CRTVG

Buscar

Estache bo!

Espetadas de polo e verduriñas

06/12/2019 11:30 h

Ingredientes:

1/2 peituga de polo, 1/2 pemento vermello, 1/4 pemento amarelo, 1/2 berenxena, 1/2 cabaciña, aceite de alfábega, aceite de allo, 1 iogur grego, sal e pementa. Para a ensalada: 6 tomates cereixa, 1/2 cebolleta, 1/4 aguacate, aceite, vinagre e sal

Elaboración:

Cortamos en anacos o polo e as verduriñas. Facemos a espetada e marcamos na grella ou tixola. Se consideramos, rematamos as espetadas no forno. Para a salsa de iogur, mesturamos co aceite de alfábega, vinagre, sal e pementa. Montamos o prato... e listo para comer!

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: