CRTVG

Buscar

Estache bo!

Vieiras gratinadas

08/11/2019 11:30 h

Ingredientes:

- 4 vieiras con cunchas

- 8 lagostinos

- 1 allo porro

- 1/2 cebola

- Medio vaso de viño ribeiro

- 1 culler de fariña

- 1 vaso de leite

- 1 ovo, 1 folla de loureiro, aceite de oliva e perixel

Elaboración: Limpamos os lagostinos e cas cáscaras facemos un caldo engadindo unha folla de loureiro, pirixel e viño branco. Engadimos auga, salgamos e cocemos a lume baixo durante 20 minutos. Nunha tarteira pochamos a cebola, o allo porro e o allo, agregamos os lagostinos e cando tomen cor, a fariña que cociñamos uns minutos, engadimos o leite e o caldo e cociñamos ata que teñamos unha salsa cremosa. Enchemos as cunchas e forneámolas uns 15 minutos, empratamos e listo para comer.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: