CRTVG

Buscar

Vaia troula

Especial Virxe do Carme

16/07/2017 22:30 h

“Vaia Troula” viaxa ata o concello de Camariñas para vivir toda a emoción das festas do Carme. Alí celebran o día da patroa dos mariñeiros cunha fermosa danza de arcos e cunha espectacular procesión por terra e por mar. O programa que presenta Nieves Rodríguez fai ademais un percorrido pola costa galega na procura das mellores celebracións na honra da Virxe do Carme.

A reporteira Ariadna Leis vai ata o concello lugués de Foz e amósanos as alfombras florais e a procesión. Belén Vara segue a procesión marítima na parroquia de Aguiño, en Ribeira. Antía Muíños viaxa ao concello pontevedrés de Bueu, onde o día do Carme é o máis importante de todo o ano. Nesta zona do Morrazo, todos os veciños saen con devoción á rúa para render homenaxe á Virxe.

Para seguir percorrendo as festas do Carme en Galicia, as cámaras de “Vaia Troula” tamén se adentran na vila mariñeira de Cariño, na tradicional batalla de flores do concello de Marín e na gran sardiñada na praia de Mera, en Oleiros. As Festas de Vilaboa, no concello de Culleredo, e o prestixioso Festival de Ortigueira completan o menú trouleiro do programa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: