CRTVG

Buscar

Bamboleo

Especial Pequenos Fenómenos (1ª semifinal)

19/12/2015 22:00 h

O obxectivo é abranguer diferentes estilos musicais, desde a música tradicional ata o rock & roll. Para dar idea da variedade das actuacións, basta dicir que os concursantes desta semana interpretarán temas de artistas tan diversos como Michael Jackson, Luz Casal, Mecano, Isabel Pantoja, Efecto Mariposa, John Legend, David Getta, La Oreja de Van Gogh e Rocío Dúrcal, entre outros.
Para os espectadores, o requisito é estar dispostos a deixarse sorprender polos máis pequenos de Galicia, nenos que xa se están a preparar a fondo para conseguir o que máis desexan: triunfar como cantantes. 
Ademais dunha gran satisfacción persoal, fama e felicitacións, os tres primeiros clasificados do programa final conseguirán un premio en metálico. Sabendo que os nenos son conscientes do que pasa ao seu arredor, é un momento ideal para que demostren a súa solidariedade. Deste xeito, os premios destinaranse integramente á asociación sen ánimo de lucro que eles queiran apoiar.
O especial “Bamboleo” deste sábado contará coa presenza como estrela convidada da cantante gaditana Merche e dos artistas galegos Susana Seivane e Davide Salvado.

Atopar capítulo por: