CRTVG

Buscar

Alalá

Especial Nadal (Toutón)

01/01/2008 22:05 h

Recibimos o ano 2008 nunha aldea chamada Toutón, no concello de Mondariz. Unha aldea que cambia a iluminación do Nadal, as présas, as compras de última hora e as visitas aos centros comercias polas tradicións musicais do Nadal, cando se recibía o ano cantando “Manueles” ,” Xaneiras” e bailando, por suposto.

Nesta aldea de Toutón, como noutras de Galicia, estas datas tiñan outro significado moi importante: o comezo dun novo ciclo natural. A natureza descansa e hai que ir preparándose porque en pouco tempo haberá que sementar, traballar a terra para que de os seus froitos, que se recollerán no verán e no outono. A proposta deste primeiro Alalá do ano é facer un percorrido por ese ciclo natural guiándonos polos traballos e pola música relacionada con eles.

Viviremos unha esfollada e todos os rituais que a rodeaban: recoller o millo, quitarlle o follato, cantar e facer matuca coa palla. Asistiremos a unha daquelas noites inesgotables facendo augardente e enseñarannos a facer o pan, outra das tradicións que segue en pé. Tamén reviviremos unha labrada das auténticas con bois tirando do arado, acompañado do baile do ramo que facían logo na leira e o viño do rego.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: