CRTVG

Buscar

Que casas!

Especial Nadal 4

01/01/2020 23:45 h

Achégase o fin de ano e queremos presentarvos un home e tres mulleres que van celebralo por todo o alto. Nas súas casas o 2020 será recibido en compañía da familia e máis dos amigos, e por iso esmeráronse para telas en perfecto estado de revista. Xa estamos desexando que vexades os fermosos fogares dos nosos anfitrións neste Que Casas! que nos levará de viaxe por Santiago de Compostela, Vigo, Ordes e A Estrada. Un pincha discos de festa no seu apartemento de súper deseño, os donos dunha das casas máis iluminadas da provincia de A Coruña, unha muller que prepara unha saída nocturna no seu ático da avenida de García Barbón e unha familia con tres cativos nunha auténtica casa galega de aldea decorada con moito agarimo e orixinalidade serán as nosas protagonistas.

Atopar capítulo por: