CRTVG

Buscar

Especial

Especial musical: Vivo cantando

17/03/2012 17:00 h

 Baixo a dirección de Xosé Manuel Martín, as reporteiras Paula Señarís e Alicia Lombán introdúcense no mundo das tunas e orquestras de pulso e púa ofrecéndolles o especial “Vivo Cantando”.

 Se hai algún grupo que represente como ninguén a música de pulso e púa ese é a tuna. Estudantes universitarios que, ademais da fama de vivir a troula, teñen tamén unha tradición centenaria tras deles. As reporteiras estiveron de rolda polas rúas compostelás e coruñesas coas tunas universitaria de Santiago e a de veteranos da Coruña.

 Con máis de 120 anos de historia, a Festa das Pepitas celébrase na noite do 18 ao 19 de marzo, un día en que os ferroláns, armados das súas guitarras e outros instrumentos musicais van roldar baixo os balcóns das casas das mulleres. Paula e Alicia estiveron de rolda coa Rondalla Añoranzas, a de Santa Uxía de Mandiá, formada por mulleres e a tuna de Mos, que se caracteriza por levar abandeirados e majorettes, que desfilan ao ritmo da música tradicional.

 Por último, as reporteiras viviron o renacer musical do Barco de Valdeorras coa Banda de Música Municipal, os dous coros, a banda de gaitas, o grupo de corda e voz Son do Sil e coa orquestra do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: