CRTVG

Buscar

Alalá

Especial Entroido en Galicia

14/02/2015 22:05 h

Visitamos Verín, Oímbra, Xinzo, Maceda, Laza e Catro de Laza, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Manzaneda, Ourense, Pontevedra, As Eiroás, Cobres, O Ulla, Sarreaus, Covelo, Salcedo, Hío, Aldán e moitos outros lugares con celebracións do Entroido que resultan sorprendentes e axudan a entender mellor a riqueza do Entroido rural galego. 

Contamos coa colaboración de Federico Cocho, autor dun dos libros que mellor explican o Entroido, O Carnaval en Galicia; Rafael Quintía, Miguel Losada e Xosé Anxo Rosales, da Sociedade Antropolóxica Galega; Pablo Carpintero e Félix Castro, investigadores musicais; Lois Pardo, activista cultural de Ourense que impulsou a creación do entroido da Pita; Antonio Reigosa, escritor con numerosos traballos de divulgación relacionados coa etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral; e moitos veciños de Vilariño e Viana que participan directamente na festa e que amosarán a importancia que para eles ten o Entroido e o sentimento co que o viven.

Ademais, rememoramos as participacións en Alalá dalgúns ilustres do Entroido en diferentes partes de Galicia, como Paco de Escornabois ou Paco 'o Xastre', de Castro de Laza; e o incombustible José o Ghaitas, o Gaiteiro do Piñeiro, protagonista do Entroido de Aldán.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: