CRTVG

Buscar

Luar

Especial duetos (2)

17/08/2018 23:50 h

Especial de “Luar”, en que se poden escoitar a dúo as mellores voces galegas e nacionais en actuacións irrepetibles, inesquecibles e ás veces inimaxinables. 
O programa abre coas voces de Miguel Bosé e o desaparecido Antonio Vega para interpretar unha canción que é case un himno dunha xeración: “El sitio de mi recreo”.
Rosa Cedrón explica o que supuxo para ela cantar con artistas da altura de Paloma San Basilio, Albano e Rosa López. 
Lucía Pérez interpreta con Soraya “O verdegaio” e asóciase con Amancio Prada para poñerlle voz a un clásico como “Adiós ríos, adiós fontes”; mentres que Maret sobeá ao escenario con Manu Tenorio, Malú, Estopa e Camela.
Mónica Naranjo e Tania Fuegho fan gala da súa potencia vocal interpretando dous auténticos himnos como “Sobreviviré” e “Pantera en libertad”.
Outros duetos que sorprenden son o de King África e Xil Ríos, que ofrecen unha versión de “Xirarei”; Lolita e Xosé Manuel Piñeiro; Víctor Manuel e Manuel de Andrade, Chenoa e Susana Seivane, Peret e Broken Peach; Los del Río e Maite e o Dúo Dinámico con Hugo e Yhadira.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: