CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Especial Día das Letras Galegas

17/05/2014 15:15 h

 Este especial, presentado por Pilar G. Rego, fai un percorrido pola vida e obra do escritor a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas, coincidindo co centenario do seu nacemento. Poeta e tradutor, natural de Guitiriz, membro da chamada “escola mindoniense”, Díaz Castro, autor de “Nimbos”, un dos cumios da poesía galega moderna, mantivo ao longo de toda a súa vida un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.

 Para afondar na súa figura, o programa conta coa axuda do mestre e dinamizador cultural Alfonso Blanco Torrado, amigo de Díaz Castro e fundador da Asociación Cultural Xermolos, unha das impulsoras da súa candidatura ás Letras Galegas deste ano.

 Tamén falan sobre a importancia da obra do poeta de Guitiriz , outros escritores e literatos, como, Claudio Rodríguez Fer, Luís G. Tosar, Alba Díaz, Darío Xohán Cabana e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.

 Ademais de ofrecer documentos audiovisuais en que é protagonista o propio Díaz Castro, “ZigZag” visita o instituto de Guitiriz para ver como os seus paisanos lle prepararon unha homenaxe, que inclúe o recitado dos seus versos por parte dos alumnos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: