CRTVG

Buscar

Casamos!

Especial dedicado aos que fan realidade as historias de amor

01/05/2011 15:37 h

O programa céntrase agora nos preliminares organizativos que se encargan de preparar un escenario axeitado para lucir os soños de amor co seu maior esplendor. Porque a familia e as vodas son temas sentimentais universais que interesan a todos, as parellas que casan escollen os colaboradores máis expertos para o seu día máis especial.

Neste primeiro programa de organizadores veremos como se prepara unha voda desde dentro, acompañando a varios profesionais do sector: coñeceremos os propietarios de "Happy Noivas" en Vigo e os seus traxes de festa espectaculares; as rutinas da posta en escena do "Dúo Musical Reflejos" e o incrible despregamento de medios que o salón de vodas "Chicolino", en Boiro, realiza en cada un dos seus banquetes. Concretamente, o programa estará coa deseñadora Celsi Lorenzo, no momento de ultimar detalles dun dos seus traxes, fronte a un grande espello.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: