CRTVG

Buscar

Alalá

Especial 10º aniversario

06/02/2016 22:30 h

Neste especial intervirán algúns dos músicos que foron protagonistas do programa, que se estreou en febreiro de 2006. Creado e dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar G. Rego, “Alalá” é un programa sobre a música tradicional e o patrimonio inmaterial de Galicia. Cada entrega está dedicada a un músico, grupo ou asociación, a quen se grava e entrevista in situ, para que tanto a música como as esencias dos modos de vida e pensamento dos protagonistas se expresen coa máxima profundidade e a mínima distorsión.
Nos seus dez anos de vida, “Alalá” contou coas palabras e coa música dalgúns dos máis destacados expoñentes da música galega dos últimos anos, como Malvela, Treixadura, SonDeSeu, Quempallou, Xavier Blanco, Radio Cos, Uxía ou Xavier Díaz, entre outros moitos.
O momento en que se gravou “Alalá”, de 2006 a 2016, e a forma en que se gravou, fan de todo o material do programa un documento extraordinariamente valioso sobre a música e a cultura de Galicia e ese valor irá medrando exponencialmente co paso do tempo. Durante estes anos, o programa “Alalá” gravou a música tradicional situada no seu contexto real, o rural.

Atopar capítulo por: