CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Espasante

12/03/2017 15:45 h

“Ribeiras de Salitre” entra no porto de Espasante, na comarca de Ortegal. Ademais de conversar co patrón maior, quen lle conta as características do porto e do mar deste litoral, X. H. Rivadulla Corcón coñece a Sergio Romero, quen dende hai catro anos vai ao mar co seu pai José Romero, mariñeiro máis experimentado. José foi cociñeiro nos barcos de altura, pero estar lonxe da familia resultoulle demasiado duro e, en canto puido, optou polo traballo de baixura. Aínda así, conserva a boa man na cociña, como demostra facendo unha caldeirada cun dos polbos que el mesmo capturou.

Un dos mariñeiros máis coñecidos de Espasante é Pizarro, a quen lle gusta compartir as súas aventuras, á pesca do peixe espada e do marraxo, e que ademais canta co seu amigo Antonio Gómez. Tamén descubrimos a pelexa co mar que manteñen nas rochas os percebeiros Santiago Casal e Miguel Ángel Pernas, quen comezou a traballar no oficio hai tres anos e que ten, ademais, unha gandería.

As mariscadoras Choncha Fuentes, Pilar Trasancos e Carmen López contan como é o seu día a día no mar despois dunha xornada de traballo, que rematan cunha animada conversa.

Atopar capítulo por: