CRTVG

Buscar

Escapárate

Pajarería Rodry de Vilagarcía e Molduras Crispe da Coruña

16/09/2019 22:00 h

Desprazámonos á cidade da Coruña e a Vilagarcía, para coñecer dous establecementos que traballan con xéneros que van do artístico ao exótico: Molduras Crispe, un comercio de belas artes, e Pajarería Rodri, unha tenda de mascotas. Tanto Cristina coma Pedro, os dous propietarios, consideran que xa é hora dunha boa remodelación, e para afrontar ese cambio, chamaron a Escapárate. Clara atópase cun reto complicado en Molduras Crispe: dous escaparates enormes, ateigados de cadros, pinturas, marcos e materiais. A expresión artística “horror vacui​”, que significa literalmente medo ao baleiro, sería a mellor forma de describilo. Resulta complicado atopar un oco sen nada. O conxunto é recargado e pouco harmonioso, algo que non debería transmitir unha tenda de belas artes. Mentres Clara trata de sintonizar os soños de Cristina, o seu contrincante, o interiorista Daniel Pérez, diríxese cara a tenda de paxaros e paxareiras de Rodri, un negocio familiar que xa pasou por tres xeracións, e que na súa orixe, foi un comercio de materiais de construción, que tamén vendía animais como loros ou monos. Un escaparate con moi pouco rendemento. Só unha mostra de produtos no chan, que se perden no fondo coas vistas da tenda. Falta iluminación, falta impacto... resulta moi doado pasar ao lado del sen fixarse. Clara e Dani enfróntanse a 2 escaparates con moito traballo. Rematarán a tempo?

Atopar capítulo por: