CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Ernesto Chao, David Ferrando, Paco Gallego e Xosé Bocixa

12/01/2017 21:00 h

“ZigZag Diario” ocúpase da carteleira. Os cineastas Paco Gallego e Xosé Bocixa asinan a curta “Unha muller que pasa - Silencio”, filme en dúas partes cos desafiuzamentos coma tema principal e os versos de “Follas Novas” de Rosalía de Castro como fío condutor. A cinta gañou o Certame de Curtas para Rosalía e recibiu unha mención especial no Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. 

Ademais, o programa achégase ao traballo do videoartista galego David Ferrando e recibe a Ernesto Chao no estudio para falar dos filmes  "Migas de Pan", de Manane Rodríguez, e "María y los demás", de Nely Reguera, dúas das últimas películas galegas en chegar a carteleira nas que participa. A primeira sitúase na última ditadura do Uruguai a través do relato de Liliana Pereira, ex–presa política e, a segunda, céntrase na vida de María, quen, tras unha longa tempada coidando do seu pai, atravesa un duro período emocional cando este bota noiva.

Atopar capítulo por: