CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Entrevista a Xulio Gil / Juan Barreto, "En torno a Galicia" / No obradoiro de Noa Persán

05/11/2013 21:00 h

O programa cultural “ZigZag Diario” recibe esta tarde no seu estudio o fotógrafo Xulio Gil, recente gañador do Premio da Crítica 2013 na modalidade de Artes Plásticas e Visuais.

Ademais, o programa presentado por Pilar G. Rego ofrecerá una reportaxe sobre a exposición das pinturas de Juan Barreto na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Co nome de “En torno a Galicia”, este pintor presenta unha obra en distintos soportes e formatos e vinculada a diversas personalidades do ámbito cultural, facendo unha mención especial ao propio Eugenio Granell. 

No peche, os espectadores poderán ver como Mon Santiso se achega, coma cada semana, ao obradoiro dun artista galego para coñecer de que maneira traballan para poder sacar á luz unha das súas obras. Nesta ocasión, “ZigZag Diario” entrará no obradoiro da artista Noa Persán, que centra os seus traballos na pintura.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: