CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Entrevista a Rosendo Cid e visita á exposición de colaxe na Fundación Laxeiro de Vigo

26/02/2013

Rosendo Cid fala da súa exposición “Mentres tanto a liña do obxecto”, que se pode ver na Fundación Granell. Trátase dunha serie de fotografías e debuxos que revelan o seu interese polos obxectos e artefactos, cunha pezas metafóricas en que a ironía resulta un piar fundamental.

 Na Fundación Laxeiro de Vigo, a mostra “Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia”, reúne obras de artistas galegos con preocupacións estéticas diferentes, que traballan utilizando estas dúas técnicas para chegar a resultados tamén diferentes, pero onde é común a convivencia de elementos dispares e a hibridación de materiais e linguaxes.

 O pintor compostelán Rafael Romero Masiá, un artista innovador a partir da mellor tradición, amosa o seu obradoiro.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: