CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Entrevista a Raúl Veiga

11/06/2017 01:00 h

Estes días estase a gravar a película “Contou Rosalía”, un biopic sobre a mocidade de Rosalía de Castro. Tino Santiago fala co guionista do filme, Raúl Veiga, nun momento singular da produción: el xa a escribiu, pero agora son outros os que van materializar as súas palabras.
Na sección cinematográfica do programa, Ángel Suanzes e Moncho Lemos comentan “Area”, unha curtametraxe de Anxos Fazáns, que actualmente tamén se atopa no desenvolvemento da que será a súa primeira longametraxe, “A estación violenta”. A segunda proposta é “Déjame salir”, un thriller psicolóxico sobre o racismo, e, por último, “Clash”, unha reflexión sobre a primavera árabe en Exipto. No tempo de música, Marta Gómez tráenos a Fanfarria Takikardia, unha formación de Candeán, parroquia do rural de Vigo, que estivo esta fin de semana no festival Millo Verde de Redondela. 
Tamén fala de Nostoc, un dúo formado en 2016 por Mateo Mena e Laura Iturralde, compositor e videocreadora. Ambos os dous queren investigar como a ciencia se relaciona coa arte e como o ser humano se relaciona coa natureza. O apartado musical remata cunha das estrelas do “Nos Primavera Sound” do Porto deste ano: Elza Soares, a raíña da samba, que está a vivir un rexurdimento.
Os “Fondos Reservados” recuperan a actuación en Eirado do Trío Bolerísimo, cun repertorio baseado nunha coidada selección das pezas máis representativas do bolero.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: