CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Entrevista a Pedro Feijoo / Samuel Solleiro / "Margarida, a da sorrisa d´Aurora"

20/01/2014 21:00 h

O programa “ZigZag Diario” terá este luns como convidado o escritor Pedro Feijóo, que, con “Memoria da choiva”, pretende revalidar o éxito e a sorpresa editorial que representou a súa anterior obra, “Os fillos do mar”. 

Os espectadores da tvG2 tamén poderán coñecer hoxe o último libro de poesía de Samuel Solleiro, un autor que leva escribindo desde moi novo e que abraiou os lectores a primeiros desta década con “Elexías a Deus e ao Diaño” e que agora, con “Punk”, achega unha obra sobre o paso do tempo.

Ademais, o espazo presentado por Pilar G. Rego falará cos responsables da nova edición de “Margarida, a da sorrisa d’Aurora” o primeiro conto de autor en galego, publicado hai 85 anos na Coruña. Trátase dunha obra do escritor e xornalista Evaristo Correa Calderón, que foi membro das Irmandades da Fala.

Atopar capítulo por: