CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Entrevista a Luís Álvarez Pousa

14/05/2017 01:00 h

“ZigZag-Eirado” conmemora as dúas décadas de vida da revista “Tempos Novos”. O programa recibe o seu director Luís Álvarez Pousa, un veterano xornalista, fundamental na comprensión da historia cultural de Galicia desde que nos 70 puxera en marcha as históricas Xornadas do Cine, en Ourense, ou impulsara a creación do Centro Dramático.

Na sección de cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan relación de Carlos Casares coa sétima arte. Ademais, opinan sobre as películas “Bajo el sol” e “Maravillosa familia de Tokio”. A primeira, filme de 2015, Premio Xurado do Festival de Cannes e que chega agora ás pantallas, narra tres historias de amor ambientadas en Croacia ao longo doutras tantas décadas. Amosan que o amor entre un home croata e unha muller serbia estaba tan prohibido en 1991 como en 2001 ou mesmo no 2011. "Maravillosa familia de Tokio" céntrase no conflito persoal que experimentan os tres fillos dun matrimonio cando, tras 50 anos casados, a nai pide o divorcio.

Marta Gómez tráenos a Os d´Abaixo, un sexteto de música tradicional que se forma con músicos procedentes de bandas como Fía na roca ou Berrogüetto. Coñecéronse tocando nas foliadas que se organizan arredor da asociación cultural Gentalha do Pichel e decidiron embarcarse na gravación de "Quixera ser dos paxaros”, frase que vén dun das coplas que incorporaron. O disco supón un importante esforzo de investigación do máis descoñecido de cancioneiros como o de Castro Sampedro ou o da Biblioteca Nacional. Nesta sección tamén coñecemos "Os Peregrinos", un novo dúo formado por Charlie Mysterio e Roger de Flor. O primeiro é un músico madrileño que militou nos Caramelos, grupo de culto que estivo en activo tres décadas chegando a publicar unha recompilación e con outras bandas como la Ruleta china, El Zurdo ou Clara Collantes. Pola súa banda, Roger De Flor, o trobador de Ferrol, sumou experiencia en formacións como Os Silvestres ou Bang 74. O comentario musical remata con De Vacas e o seu último vídeo 'A modiño'.

Mocho Lemos pecha o programa con Al Villa, un artista de enorme calidade que anda no mundo da música desde 1996 e que agora prepara novo disco.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: