CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Entrevista a J. Méndez, "Retratos con alegoría" / As novas propostas de alta costura de Alalá / Sabela Correa, xoias de autor

30/04/2013 16:30 h

O programa “ZigZag Diario” recibe este martes a visita do artista J. Méndez, quen fala da súa exposición “Retratos con alegoría”, que se pode ver no Colexio de Fonseca. Trátase dun proxecto elaborado durante anos, en que o autor se inspirou na iconoloxía do escritor do Renacemento Cesare Ripa, que recolle a iconografía das virtudes, paixóns e vicios do ser humano desde a antiga Grecia. A partir deste decálogo para artistas, Méndez proponlles a 40 persoas que se identifiquen cunha destas iconografías.

Por outro lado, o espazo da tvG2 achégase á nova colección de Alalá, a primeira firma de alta costura galega, que ofrece pezas singulares, persoais, impregnadas de luxo e sofisticación, coidadas ata o mínimo detalle con materiais de primeira calidade. Os deseñadores Alfredo Iglesias e Álex Regueiro presentaron a colección “O xardín de Carla”, unha suma de tradición e vangarda e de equilibrio entre costura e deseño.

Os espectadores da segunda canle da Galega coñecerán outra nova deseñadora galega, neste caso de xoias, a moza viguesa Sabela Correa, un novo valor da xoiaría de autor, que aposta por un traballo innovador destinado a todos aqueles que buscan nunha xoia algo que os identifique e distinga dos demais.

Ademais, “ZigZag Diario” visitará o obradoiro do pintor e escultor pontevedrés Manuel Ruibal, en cuxa obra conflúen diversas influencias, desde o feminismo, o expresionismo, o renacemento e o barroco.

 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: