CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Entrevista a Begoña Caamaño / Darío Xohán Cabana / Agustín Fernández Mallo

20/05/2013 21:00 h

 

O programa “ZigZag Diario” conversará esta tarde coa escritora e xornalista da Radio Galega Begoña Caamaño, que en só dous meses recibiu catro premios pola súa obra “Morgana en Esmelle”: o da Crítica Española, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Antón Losada Diéguez e o premio da AELG á mellor obra narrativa de 2012. Neste celebrado libro, Caamaño renova a temática artúrica fuxindo de estereotipos e creando poderosas personaxes femininas.

O espazo da tvG2 tamén falará hoxe co novelista, poeta e académico Dario Xohán Cabana, quen volve traducir a Petrarca 24 anos despois da súa primeira versión do “Cancioneiro”, un texto que influíu poderosamente nos escritores do continente europeo.

Ademais, aproveitando o seu paso por Galicia para participar nunha nova edición do foro NeThinking, “ZigZag Diario” estará co físico e escritor coruñés, residente en Palma de Mallorca, Agustín Fernández Mallo, quen falará dos seus novos proxectos literarios, a cabalo, coma sempre, entre a narrativa e a poesía.

 

Atopar capítulo por: