CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Enrique Otero / Xavier Artigas e "Ciutat morta"

05/02/2015 21:00 h

        O programa ten como convidado a Enrique Otero, director de “Funes, o inventor da lúa”, un documental biográfico sobre o inventor lucense Eugenio Funes, que, tras ser unha das pezas fundamentais na carreira espacial e na conquista da lúa, rematou os seus días dramaticamente nunha caravana. A historia retrata tamén a estreita relación que une Galicia co mundo da invención.

        O espazo da tvG2 tamén conversa con Xavier Artigas, un dos directores do documental “Ciutat morta”, que a semana pasada se proxectou en Santiago e que recolle a investigación do chamado caso 4F, denunciando unha complexa trama de corrupción policial, política e xudicial para encarcerar a tres mozos por ferir un garda urbano en Barcelona. Financiada unicamente a través dunha campaña de “crowdfunding”, exhibiuse en diversos certames e gañou varios premios, entre eles, o do Festival de Málaga.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: