CRTVG

Buscar

ADN galego

En Valencia

03/10/2017 22:30 h

A case nove horas en coche de Galicia, o programa moverase polo centro desta cidade calorosa con aroma mediterráneo, polas praias e ata pola zona de monte para coñecer os convidados galegos. 
Entre eles estarán María, polbeira que montou un restaurante en Valencia co seu marido tras namorar da festa das Fallas; Andrés, adestrador de golfiños que viviu a apertura e a chegada de todos os exemplares ao Oceanografic; Pedro, unha autoridade nas fallas e fillo dunha galega; Eloi, un emprendedor de Santiago que, con só 24 anos, xa ten varios grupos de  persoas ao seu cargo e negocios polo mundo enteiro; Esther, bailarina especialista en danza contemporánea; Iago, un dos novos cociñeiros galegos con máis proxección que cambiou as famosas fabas da súa Lourenzá natal para buscar novas experiencias gastronómicas; Yaiza, mestra dunha escola que segue o método educativo Montessori; Ignacio, panadeiro que inventou unha revolucionaria máquina de vender pan; Gerardo, skater, e Lidia e Natalia, dúas psicólogas moi aventureiras que están sempre en contacto coa natureza.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: