CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

En Miami, Perpiñán e a vinculación de Carnota con Nova York

31/05/2016 22:30 h

“O país máis grande do mundo” ten esta semana nova “sucesora”. Chámase Yovana Morais e chega da Cidade de México para descubrir as súas orixes, o programa da TVG viaxará ata Faramontaos, en Carballeda de Avia, onde naceron os avós de Yovana.
Por outra parte, o presentador, Rodrigo Vázquez, paseará con Vero Boquete polos barrios composteláns onde a capitá da selección española de fútbol comezou a súa carreira.
Pola súa parte, Aida Bao viaxa ata a Miami para descubrir a historia de Manuel Vidal, un aventureiro de película que leva máis de 40 anos nos EUA.
Mentres, Olalla Vaamonde irá ata a localidade francesa de Perpiñán para coñecer un galego que é toda unha institución: Camilo Otero.
Con Elena Mareque, “O país máis grande do mundo” intentará repetir unha foto tomada no ano 62 na mariña lucense. Unha instantánea que ten como protagonista o primeiro grupo feminino de gaiteiras, cuxa historia estivo moi vinculada á emigración.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: