CRTVG

Buscar

ADN galego

En Madrid

26/09/2017 22:30 h

O programa descubrirá que a capital de España non sería o mesmo sen os deseños de inicios do século X, do arquitecto e urbanista do Porriño Antonio Palacios. 
“ADN Galego” tamén contará coa historia de numerosos convidados, como Marta Fernández, a condutora da liña 8 do Metro de Madrid; Jacobo Armero, o experto en Antonio Palacios; Elena Domínguez, a chulapa galega que vive a festa de San Isidro coma se fose unha madrileña máis; Viviana Fernández, a empresaria fundadora da marca de zapatos Lolita Blu; Nemesio e Lola, os donos do bar San Lorenzo, un dos últimos que mantén o ambiente tradicional da zona de Lavapiés; Iria Rajal, a mezzosoprano do Teatro Real de Madrid, un dos principais teatros de ópera no mundo; Manuel de Cendra y Aparicio, quinto marqués da Casa López, que recuperou a marca de chocolate do seu antepasado galego, Matías López, e Nolo Botana, o barista que acaba de inaugurar o seu propio negocio relacionado co café. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: