CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

En Londres, Roma e con Manolo Pereiro de "Buscando Ardebullo" da TVG

24/05/2016 22:30 h

Por unha banda, viaxaron ata Londres para que unha veciña de Lois, Maribel Ares, sorprenda a súa tía Eladia, que leva máis de medio século residindo na capital británica. 
Roma, ou tamén coñecida como “a cidade eterna”, é o lugar onde se atoparán con Jesús Madriñán, un fotógrafo que goza dunha das bolsas máis prestixiosas do Ministerio de Cultura español, e que lle permite vivir e traballar no edificio da Real Academia de España en Roma. 
Pero o programa non ha rematar aquí, xa que tamén coñecerán a historia da emigración a Alemaña da familia de  Marcos Pereiro con Manolo, recente coprotagonista do programa “Buscando Ardebullo” da Galega e pai de Pereiro.
Pero en “O país máis grande do mundo” de hoxe non se esquecerán das súas habituais seccións. En “Historia dunha carta” coñecerán as vivencias de Edelmira e Che, un matrimonio de Viveiro que estivo emigrado en Suíza nos anos setenta.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: