CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 304: 'En boa compañía'

09/10/2019 12:59 h

O amor chega a Santalla. Don Venancio propónse un novo reto: rematar coa soltería na vila. Todos se rín da sua proposta, pero ninguén quere quedar atrás. Álvaro, Cosme e Pepe rétanse a ver quen deles consegue parella antes. Quen será o afortunado? E o mais importante, quen será a afortunada?

Pero non todo son boas novas na vila. Os problemas de saúde de Freire fanlle empeorar e aínda que o indiano tenta disimular diante de Deli, cada vez lle resulta máis difícil agochar a súa enfermidade. Tomás é o único que sabe a verdade, e a súa preocupación por seu pai non deixa de crecer. Laura segue enfadadísima con Telmo, que continúa a vivir na casa de Lupe, e máis aínda tras recibir unha chamada da muller deste.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: