CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

En Alemaña con Christian, xogamos a baloncesto en Newcastle e coñecemos a vida de Patricia Pérez en Madrid

07/06/2016 22:30 h

“O país máis grande do mundo” deixará esta semana coa boca aberta varios membros dunha familia de Loureda, en Arteixo. A visita por sorpresa de Jonathan, fillo mediano da familia, que vive en Birmingham desde hai tres anos, dará moito que falar. 
Pola súa parte, Ollalla Vaamonde entrará nunha academia de policía alemá da man de Christian, un rapaz de Santiago que fixo un Erasmus en Koblenz e que quedou alí por amor.
No programa desta semana, os espectadores verán coma a “sucesora”, Yovana Morais, chegada desde México DF e descendente de galegos, se converte nunha vendedora máis da feira de Padrón e aprende a preparar o polbo á feira. 
Mentres, Rodrigo Vázquez sairá outra vez do estudio de gravación para pasar unha xornada xunto á presentadora, nutricionista e blogger Patricia Pérez, vella coñecida da TVG polo seu papel como Pati Lume en “Luar”, antes do seu salto á televisión nacional.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: