CRTVG

Buscar

Galicia On

Empresa dixital

04/02/2018 11:30 h

As tecnoloxías da información e a comunicación mudaron drasticamente o xeito en que nos relacionamos, nos informamos e consumimos. Pero tamén transformaron os nosos ámbitos de traballo a través da dixitalización e a industria 4.0. “Galicia On” entra en empresas galegas especializadas no sector TIC que ofrecen solucións informáticas de calidade.

Unha delas é Dinahosting, con sede en Santiago de Compostela, que se dedica a dar servizos de aloxamento web, rexistro e xestión de dominios. A través dunha rede de 2.000 servidores, administra 30.000 dominios e atende 180.000 usuarios.

Na Coruña está Imatia, todo un referente na venda de produtos e servizos de software. Desenvolve aplicacións de xestión para aumentar a produtividade de empresas e administracións públicas en todo o mundo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: