CRTVG

Buscar

As Luces

Emma Lustres e Tino Fernández

13/06/2017 01:00 h

O empresario Tino Fernández e a produtora Emma Lustres son os convidados de Xosé Carlos Caneiro. Tino Fernández é licenciado en Económicas, empresario de éxito e fundador, presidente da consultora tecnolóxica Altia dende 1994, e presidente do Deportivo da Coruña desde xaneiro de 2014. A súa vida está ligada ao deporte, foi adestrador de equipos de baloncesto, entre eles as seleccións galegas infantil e cadete masculinas, pero sen dúbida a súa gran paixón é o balompé.

Emma Lustres, unha muller do Grove enganchada ao cinema, decidiu fundar na Coruña no ano 2003 a empresa Vaca Films, na que exerce dende aquela como produtora executiva. É a responsable de éxitos cinematográficos tan relevantes como “El desconocido”, “El niño”, “Cien años de perdón” ou “Celda 211”, ademais de gañadora do Goya á mellor película en 2010. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: