CRTVG

Buscar

Momentos G

'Embarcados', coñecer de preto a vida a bordo dun barco

20/10/2019 13:20 h

O mar é parte fundamental da nosa esencia, do noso ser como galegos, pero se non nos toca de moi preto, o máis probable é que descoñezamos a realidade do día a día a bordo dun barco. Un traballo, o dos mariñeiros, que pouco ten que ver co que poidamos ter calquera de nós.

A partir desta noite imos poder achegarnos e mesmo facernos ao mar, grazas a Embarcados, o novo programa que se estrea na TVG, dirixido e presentado por Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: