CRTVG

Buscar

Luar

El Consorcio, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tony Pérez y Los Arquinos

29/12/2017 22:00 h

El Consorcio volve a Luar para presentar “El Consorcio Eres Tú”, un disco que contén máis de 50 cancións de toda a súa carreira. Tamén regresan Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre cun disco que mestura tradición e vangarda e co que queren render homenaxe ao norte, á súa xente, ao seu clima e á súa música. Outra formación convidada é Tony Pérez y Los Arquinos, convertida en referencia para as orquestras da provincia de Ourense.

Polo escenario pasan, ademais, algúns dos rostros máis coñecidos do programa, como os membros do xurado de Recantos Tania Fuegho e Manuel Deandrade, a colaboradora habitual Rocío Barrio, e o presentador Xosé Manuel Piñeiro.

A nosa música tradicional está representada polo grupo Donicelas, a Asociación Cultural Mar de Arousa e a agrupación musical Novos Aires da Terra.

En “Recantos”, miden as súas voces Dona, de Terras da Coruña, e Christel, representante da comarca Lugo Sur.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: