CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 82: "Düsseldorf"

21/10/2014 23:30 h

Alemaña é esta semana o país de destino do programa “Galegos no Mundo”, que visitará Düsseldorf, capital do estado federado Renania do Norte-Westfalia. Considerada a cidade alemá máis cosmopolita, desde mediados do século XIX non deixou de progresar economicamente e hoxe atópase entre as dez mellores urbes do mundo para vivir.

En Düsseldorf estarán agardando o equipo de “Galegos no Mundo” Andrea Búa, que deixou O Grove hai case un ano para traballar como cantante de ópera e aprender o alemán; e o vigués Xabier Fernández, que leva fóra de Galicia 16 anos.

Con Bernardo Carrasco, un cociñeiro de Xinzo de Limia que seguiu os pasos dos seus pais, que xa emigraran a Alemaña cando el era pequeno, as cámaras do programa pasearán pola zona vella e irán á zona antiga de Kaiserber; mentres que a coruñesa Iria Castro, que chegou á cidade cunha bolsa de traballo, amosará un enorme mercado de segunda man e o chamado “Xapón” de Düsseldorf.

Outros dos protagonistas desta noite serán Alfonso Sexto, de Lugo, que traballa na industria do videoxogo e que acompañará os espectadores ao porto da cidade e aos edificios de Frank Gehry; e a coruñesa Alicia Outón, que chegou por estudos e quedou a traballar e que amosará as impresionates vistas desde a Torre de Televisión.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: