CRTVG

Buscar

Doutor en Galicia

Programa 6

11/01/2020 20:15 h

No hospital Materno-Infantil de A Coruña visitamos a Dolores Eiriz, enfermeira de neonatos. Con ela descubrimos como é traballar con estes nenos e como vive o equipo o día a día de cada un deles.

Fermín Leal, médico no servizo de urxencias do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), amosanos as instalacións de dito servizo e podemos ver como se desenvolve o traballo neste servizo e asistimos á consulta dunha doente por mor dunha alerxia .

Nas instalacións do Museo do Médico Rural en Maceda, o médico xubilado José Manuel Lage conducenos polas distintas dependencias do museo, onde podemos ver material que se utilizou polos médicos rurais dende 1900 ao 2000.

Milagros Otero é a responsable da sección de radiografía abdominal no Álvaro Cunqueiro en Vigo. Visitamos a súa área de traballo, dende as salas onde se fan as probas ata a consulta máis habitual. Milagros é a primeira muller española en presidir a Sociedade Europea de Radioloxía.

Na Casa do Mar de Pontevedra conversaremos co uro-andrologo Manuel Varela Salgado, que nos conta, entre outras cousas, anécdotas que lle sucederon no desenrolo da súa actividade como médico.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: